Escoitar

Vigo recibirá 2,1 millóns do IVE incautado indebidamente polo Estado no 2017

O alcalde recordou que o Goberno de España, entón presidido por Mariano Rajoy, incautara o IVE dos concellos correspondente ao mes de decembro do 2017, unha decisión corrixida polos tribunais que supón que agora o Concello de Vigo vaia a ingresar 2.153.000 euros neste concepto.

venres, 25 feb 2022
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.

Abel Caballero valorou este venres que o executivo central presidido por Pedro Sánchez reverta a decisión do goberno de Rajoy e transfira aos municipios as contías derivadas da incautación do IVE de decembro de 2017. Así, Vigo recibe 2.153.000 euros.

O alcalde tamén quixo recoñecer que o Estado, para este 2022, vai abonar ao Concello de Vigo case dez millóns de euros máis que o ano anterior. As achegas do Estado se elevan dos 86,1 millóns aos 95,2 millóns, un “aumento moi importante do 13%”, en verbas de Caballero, que contrasta coa cifra que destina a Xunta de Galicia á cidade, uns cinco millóns en termos netos.

O rexedor censurou que o goberno autonómico ten “conxelada” a asignación da participación nos ingresos das Comunidades Autónomas, recollida na Constitución Española, “desde tempos inmemoriais”. Ademais, “a Xunta de Galicia non nos aumenta nada e nos dá esa ridícula cantidade de cinco millóns de euros, ridícula cando se compara cos case cen que nos dá o Goberno de España”.

Por outra banda, e no tocante ao IVE recuperado, á Xunta de Galicia lle corresponden 224,5 millóns de euros. Abel Caballero indicou que Vigo, por poboación, supón o 11% do total da comunidade autónoma, co que proporcionalmente “tería que recibir uns 24 millóns de euros” destes ingresos adicionais. “¿E canto imos recibir? Nin un céntimo”, concluíu o alcalde.

Descargar todas as imaxes