O goberno municipal destina 55.000 euros a proxectos de Apamp e da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar dous convenios de colaboración con estas entidades para apoiar o desenvolvemento das súas actividades de axuda á muller e de dinamización infantil e xuvenil a través da ludoteca.
O alcalde deu conta dos acordos na rolda de prensa, expoñendo que o convenio de colaboración coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo ten un importe de 30.300 euros e servirá para apoiar o as accións que impulsan nas súas catro áreas de traballo: apoio e acompañamento a mulleres en proceso de violencia de xénero, reincorporación psico-social, concienciación, prevención e denuncia social e formación.
Respecto ao convenio coa Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP) para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil, concrétase nunha ludoteca de integración no ano 2022 por un importe de 24.500 euros. APAMP destinará á actividade un mínimo de dúas persoas con formación de mestres/as de Educación Infantil.