Abel Caballero transmite aos empresarios a importancia da construción da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño
Nun almorzo informativo no Círculo de Empresarios de Galicia, o alcalde pediu a unidade da cidade para defender as infraestruturas “fundamentais e imprescindíbeis” como a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño, a liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria en alta velocidade e o apoio ao Aeroporto de Vigo. Caballero di “non pedir máis, só o mesmo que teñen o resto de cidades de Galicia e as grandes cidades de España”. Lamentou así a posición da Xunta de Galicia e o presidente Núñez Feijóo na súa negativa de ampliar a A-52 en túnel ata Vigo. No acto, Abel Caballero recibiu unha placa do Círculo de Empresarios co seu nomeamento como Socio de Honor “polo impulso a nosa institución durante o seu mandato como alcalde de Vigo”. Manifestando deste xeito “o seu recoñecemento e afecto”.
Abel Caballero participou nun almorzo informativo no Círculo de Empresarios de Galicia para reivindicar as infraestruturas “fundamentais” para Vigo. Baixo o título “A autovía en túnel a O Porriño: imprescindible e irrenunciable”, o alcalde puxo de manifesto a súa defensa deste proxecto para que Vigo teña una autovía directa a Madrid, “como o resto das cidades de Galicia e de España”.
Caballero manifestou o seu desacordo co mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, que en rolda de prensa posterior a unha xuntanza coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez, rechazou a proposta de facer a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño e propuxo liberar a peaxe no tramo ata O Porriño como alternativa a actual A-55. “A proposta de Feijóo supón 21km e ao redor de 18 minutos de viaxe. Iso son 7km máis que no trazado actual e 3 minutos máis de viaxe. Ademais habería que coller tres desvíos, con velocidades a 40 e 60 quilómetros hora. No trazado en túnel a distancia aproximada sería de 10km e unha duración de 10 minutos. Feijóo dixo que non á proposta do Goberno de España. O primeiro presidente dunha comunidade autónoma que di “non” a unha inversión de 350 millones do Goberno de España para unha infraestrutura”, lamentou.
O alcalde amosou aos participantes no almorzo os documentos das actuacións que está a levar a cabo o Goberno de España, co seu correspondente orzamento. Ademais dos trámites para a autovía en túnel, Caballero tamén defendeu a implicación do Estado coa liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, “co estudio hidroxeolóxico que segue a avanzar e a priori os resultados ambientais son positivos e permite a súa construción”, explicou. En canto a saída sur ferroviaria, Caballero celebrou cos empresarios que xa estea en marcha o estudo de alternativas. O propio alcalde fixo referencia á Cumbre Hispano-Lusa de Guarda onde os xefes de goberno de España e Portugal acordaron avanzar cara á alta velocidade entre Vigo e Porto: “Antonio Costa e Pedro Sánchez acordaron como prioritaria a saída sur ferroviaria de Vigo. O goberno portugués decidiu no seu plan de investimentos priorizar o eixo atlántico cara a 2030. A Comisión Europea tamén puxo de exemplo a importancia da alta velocidade transfronteiriza entre Vigo e Porto, para a que prevé su finalización en 2040. Eu pídolle que sexa canto antes, non no 2040”, declarou. Deste xeito, Caballero sinalou que “Vigo estará no centro do mapa ferroviario, cunha saída sur ferroviaria en alta velocidade, a conexión coa meseta por Cerdedo e o bypass de Valladolid cara a Europa”.
O primeiro edil tamén quixo reivindicar a aposta do goberno local polo Aeroporto de Vigo, co Plan de Promoción Turística e a través dos concursos públicos. Lamentou as “ocorrencias” de “aeroporto único” do pasado e exixiu transparencia da Xunta para o reparto de subvencións aos aeroportos galegos.
“As infraestruturas fundamentais en Vigo están no bo camiño. É imprescindible facer todas. Esta cidade as necesita para a súa economía e funcionamento. Son fundamentais. Neste momento, o Goberno de España di que hai que facer a autovía en túnel a O Porriño, a liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria... todo costeado polo Estado. Quero que as empresas de Vigo saiban que estas infraestruturas vanse facer, para a súa competitividade e produtividade e seguir no magnífico traballo que fan.”, expresou.
O rexedor tamén quixo lembrar “que houbo que darlle a volta a decisións que ían na dirección contraria” e que “agora non hai equívocos” e pediu que “non haxa negación de evidencias, de ataques contra infraestruturas que necesita a cidade”.
Caballero concluíu louvando a acción do sector empresarial e os traballadores e traballadoras de Vigo “porque Vigo será tanto como sea a nosa economía. Non pido máis que o resto de cidades de Galicia e España. Ímolo conseguir”.
No acto, Abel Caballero recibiu unha placa do Círculo de Empresarios co seu nomeamento como Socio de Honor “polo impulso a nosa institución durante o seu mandato como alcalde de Vigo”. Manifestando deste xeito “o seu recoñecemento e afecto”.