Escoitar

O goberno local humaniza a rúa Areeiro en Lavadores

Esta actuación tivo un orzamento de 153.984 euros. Recentemente houbo 35 actuacións en vías e rúas do rural por un importe cerca dos 4 millóns de euros.

venres, 18 feb 2022
O alcalde acompañado dos edís de Vías e Obras e Medio Ambiente cos veciños da rúa Areeiro
O alcalde acompañado dos edís de Vías e Obras e Medio Ambiente cos veciños da rúa Areeiro

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que xa remataron as obras de humanización na rúa Areeiro en Lavadores. Coa humanización a rúa conta cunha nova beirarrúa de 1,5 metros de ancho na marxe esquerda da rúa ao longo de 500 metros.

Ademais instaláronse novos pluviais, iluminación exterior e un muro de contención de terras. O importe das accións foi de 153.984 euros.

Caballero lembrou que que recentemente o Concello realizou 35 actuacións de humanización por un importe de case 4 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes