Vigo aproba a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible
No documento inclúese a Estratexia de Desenvolvemento Sostible e Integrado “Vigo Vertical”, ademais das directrices do marco da Axenda 2030, a Axenda Urbana Europea e a Axenda Urbana Española
Abel Caballero explicou en rolda de prensa a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A Xunta de Goberno deu luz verde á aprobación que adapta o documento de 2014 coa inclusión da Estratexia de Desenvolvemento Sostible e Integrado “Vigo Vertical” e as directrices da Axenda 2030, a Axenda Urbana Europea e a Axenda Urbana Española.
O alcalde falou dun “documento vivo” e enumerou as propostas dos Plans Sectoriais: plan de transformación urbana para unha mobilidade sostible; ordenación do tráfico e estrutura viaria, fomento da mobilidade peonil, ciclista e no transporte público, plan de estacionamento; mellora da seguridade viaria; mellora da distribución urbana de mercancías, mellora da calidade ambiental e forro enerxético; plan para a xestión da mobilidade; plan de mobilidade e xénero; fomento da mobilidade eléctrica; plan estratéxico de dixitalización e ferramentas TIC; difusión do PMUS e boas prácticas e unha oficina tecnolóxica e operativa de mobilidade.
Caballero apuntou que o Concello “ten un xeito moderno de entender a mobilidade” e avanzou que incorporarase moi pronto ao documento todas as rutas de mobilidade vertical. “A mobilidade vertical vai chegar a todo Vigo. É o plan máis ambicioso do mundo. En relación á poboación somos a cidade con más mobilidade vertical”, afirmou.
Axudas a entidades
A Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio de colaboración entre o Concello e a “Asociación Galega Amigos do Rocio en Vigo” cun importe de 5.000 euros. Tamén destinaranse 15.000 euros á “Federación de Peñas Recreativas El Olivo”