O alcalde salientou o “intenso” traballo de humanizacións no rural coa nova obra da Estrada da Venda
Abel Caballero puxo a primeira pedra da humanización da Estrada da Venda, en Beade, que ten un prazo de execución de catro meses. A obra inclúese dentro do convenio coa Deputación de Pontevedra.

A Estrada da Venda súmase as humanizacións que está levando a cabo o concello no rural. O alcalde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxeron a primeira pedra da obra que ten un prazo de execución de catro meses.
Abel Caballero puxo de manifesto que esta vía “leva esquecida 40 anos” e apuntou ao compromiso do goberno local co rural: “Estamos humanizando 100 rúas neste momento”.
O orzamento para a nova estrada en Beade é de 269.358 euros. Haberá unha beirarrúa de 1,5 metros na marxe da dereita ao longo de 600 metros. Ademais haberá pluviais, sumidoiros, pozos de rexistro e iluminación soterrada.


