O alcalde agradece o compromiso do Goberno Central coas grandes infraestruturas de Vigo
Abel Caballero recoñeceu esta mañá o compromiso do Goberno Central coas grandes proxectos pendentes en Vigo no transcurso dunha visita do secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez. Entre outras cuestións, destacou o impulso ferroviario que está a vivir a cidade, co AVE directo a Madrid por Cerdedo ou a saída sur.

O alcalde agradeceu o compromiso do Goberno Central con Vigo no transcurso dunha visita á nova estación de ADIF-VIALIA na que estivo acompañado polo secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez. Trátase, dixo, “dunha obra de de dimensión colosal que está a cambiar o concepto da cidade e que se converterá nunha das grandes estacións do mundo”. Continuou agradecendo no nome da cidade o esforzo do Ministerio de Transportes cos grandes proxectos de Vigo, posibles nestes momentos grazas a que nos anos 2008, 2009 e 2010 os responsables de Fomento naquel momento -baixo o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero – permitiron que o tren entrara en túnel na cidade desde Redondela. A este respecto, Caballero recoñeceu a labor de Sergio Vázquez que, daquela, xa formaba parte dese equipo ministerial.
Pola súa banda, o secretario xeral de Infraestruturas referiuse a Vigo como a cidade con maior capacidade de transformación, recoñecida pola cidadanía con gran autoestima. Avanzou a vontade do Goberno Central de colocar a Vigo na rede europea de transporte e converter a saída sur como un proxecto prioritario -da man de Portugal - o que situará á cidade no corazón do eixo atlántico, unha infraestrutura que se complementará co AVE directo por Cerdedo e coa alternativa á A55 en túnel a Madrid.
Caballero e Vázquez, ademais de visitar a estación de Vialia, fixeron un percorrido pola cidade pasando polas ramplas da Gran Vía e os ascensores de Marqués de Valterra e Pi i Margall.






