Escoitar

Segunda edición ” De Boa Man”

mércores, 23 mai 2001
imx257.jpg
Obradoiro
A rúa do Príncipe acolle dende hoxe e ata o 25 de maio a segunda edición da exposición “ De Boa Man” que informa sobre os traballos que realizan as persoas discapacitadas. A exposición está promovida pola Concellería de Benestar Social e patrocinada pola Asociación de Comerciantes da Zona Príncipe e a obra social de Caixa Galicia.

A campaña “ De Boa Man” tenta chamar a atención sobre o labor que realizan as asociacións no terreo da integración e desenvolvemento de capacidades. A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, manifestou que os obxectivos da campaña son implicar e relacionar as entidades económicas cos colectivos sociais, ademais de informar a cidadanía das verdadeiras posibilidades que teñen as persoas con algún tipo de discapacidade.

Dado o éxito da edición anterior, este ano a organización amplía a campaña divulgativa e informativa a unha acción de venda dos seus productos. As persoas que se achegen á exposición poderán mercar traballos realizados polos alumnos dos seis centros que participan na campaña (AGASFRA: APAMP,ASPANAEX,DOA, Fundación Menela e Fogar Clínica San Rafael) que van desde productos de cartón pedra, xerseis, bufandas, traballos de carpintería ou mermeladas. Todos os productos están feitos por persoas que empregan as súas horas en obradoiros ocupacionais cunha finalidade terapéutica e como unha posible vía de inserción laboral.
Descargar todas as imaxes