O alcalde valora as obras do Porto para recuperar as zonas das Avenidas e Beiramar
Abel Caballero destacou este venres a aprobación das obras licitadas pola Autoridade Portuaria de Vigo para o carril bici en Beiramar e a reforma do peirao e o paseo das Avenidas. “Contou co meu voto entusiasta no consello de administración”, sinalou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este venres en rolda de prensa a aprobación dos proxectos da Autoridade Portuaria de Vigo para construír un carril bici ao longo da Avenida de Beiramar e reformar tanto o peirao como o paseo das Avenidas cun investimento de uns 6 millóns de euros.
“Quero recoñecer ao Porto e a o seu presidente a decisión, gústame porque é bo para a cidade, podería ser mellor, sempre se pode mellorar, pero a miña felicitación a López Veiga por esta licitación que vai mellorar a interacción coa cidade”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
Caballero engadiu que “cando as cousas se fan ben hai que dicilo, é unha boa obra, tres boas obras, o presidente do Porto levouno hoxe ao consello do administración e contou co meu voto entusiasta”.