Escoitar

O Concello pon en marcha o bus turístico para coñecer “a cidade máis bonita do mundo”

O alcalde pon en valor os percorridos que realiza o autobús para dar a coñecer aos visitantes o máis representativo e emblemático de Vigo, ao longo de dúas horas de traxecto. O servizo iníciase este sábado, 1 de agosto, en horario de mañá e tarde.

venres, 31 xul 2020

Os edificios de interese histórico, o monumento aos cabalos na Praza de España, o monte do Castro, o mercado da Pedra, Praza de América, o parque de Castrelos, o Museo Quiñones de León e o seus xardíns, Samil, Alcabre, o porto pesqueiro e o deportivo son algúns dos puntos máis significativos que os viaxeiros poderán coñecer durante o percorrido do bus turístico desde mañá sábado, 1 de agosto. Amais, tanto os turistas como a cidadanía viguesa poderán coñecer a orixe e o desenvolvemento da cidade así como a súa vinculación co mar.

As saídas realízanse ás 11 horas da mañá e ás 10:30 horas da tarde desde a Estación Marítima de Vigo cunha duración de dúas horas, oito idiomas para as audio guías e teito despregable para mellorar a viaxe das persoas usuarias. Os billetes poden adquirirse a pé de bus con taxeta bancaria a través de TPV ou con pago en efectivo. O prezo do percorrido é de 7,50 euros para adultos e 4 euros para menores de entre 5 e 14 anos. Os menos de cinco anos viaxan gratis.