O alcalde eloxia o labor da Policía Nacional na toma de posesión do novo comisario xefe
Este xoves tivo lugar na Comisaría de Vigo o acto formal de toma de posesión de Carlos Alfonso Valcárcel Araújo como comisario xefe, evento que contou coa presencia de numerosas autoridades entre as que se atopaba o alcalde de Vigo. Nun contexto de pandemia, Abel Caballero puxo en valor o traballo realizado polos axentes na cidade.

O novo comisario xefe tomou posesión este xoves nun acto no que interviron o xefe superior, comisario principal, Luis Balseiro, o alcalde de Vigo e a subdelegada do Goberno na provincia. Tamén estiveron presentes outras autoridades como a tenente de alcalde, Elena Espinosa, o delegado da Zona Franca, David Regades, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, entre outros.