Escoitar

O goberno local contrata as obras para reformar os campos de fútbol de A Guía e Fragoselo

Abel Caballero informou este mércores de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará na súa sesión do xoves contratos por valor de 554.000 euros para reformar dous novos campos de fútbol o de A Guía e o de Fragoselo. O alcalde sinalou que o investimento en campos da cidade supera os 6 millóns.

mércores, 22 xul 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este mércores da aprobación na Xunta de Goberno Local que se celebrará mañá, 23 de xullo, dos contratos para a renovación do céspede artificial e instalacións no campo de fútbol de A Guía e do céspede artificial do campo de fútbol de Fragoselo-Coruxo.

O investimento, segundo explicou, será de 342.000 euros no campo de A Guía e de 213.000 euros no de Fragoselo (Coruxo). “Estamos facendo un investimento de máis de medio millón e en total xa sumamos case 7 millóns de euros en infraestruturas deportivas”, sinalou Caballero antes de apunta que hai outros tres proxectos en marcha (Santa Mariña, Samil e O Vao) e en estudo a segunda fase do campo de Carballal para a renovación de vestiarios.