Escoitar

O Concello invita á cidadanía aos festivais folclóricos e de Bandas, ao Día do Libro e ao Día de Galicia

Abel Caballero avanzou en rolda de prensa que este mércores haberá actuación da Unión Musical de Cabral na Porta do Sol e comezará o Festival Folclórico en Teis. Ademais, este xoves celebrarase o Día do Libro sacando as librerías a rúa e tamén mañá os xardíns de Castrelos acollerán os actos do Día de Galicia con o xurista Cándido Conde-Pumpido como pregoeiro.

mércores, 22 xul 2020

Abel Caballero deu conta da programación festiva e cultura da cidade durante as vindeiras hora e lembrou que o XVII Festival Folclórico Internacional levará este mércores a música e a danza diante do Mercado de Teis (20:30 horas) coa actuación de Tango Galicia, Pasos, Bambalina, AP Danza, Susana Castro, Unidance, Ngundi, Ítacas e Media Punta. As seguintes actuacións do festival serán o 27 en Bembrive, o 28 no Torreiro de Coia e o 29 en Matamá. No mes de agosto, haberá 6 datas máis en San Miguel, Berbés, Porta do Sol, San Andrés de Comesaña, Castrelos e Navia.

No programa de Un Mar de Bandas, este mércores (20:30 horas) actuará a Unión Musical de Cabral na Porta do Sol. O 24 de xullo será a queda da Lira San Miguel de Oia, o 25 a Unión Musical de Coruxo, o 27 Delicias de Cabral,o 29 UVCD de Candeán, o 30 Unión Musical Coruxo e o 31 Unión Musical Valladares. O programa de concertos por barrios de bandas de música leva esta semana, o dia 24, á Banda Delicias de Cabral ao xardín da Asociación Veciños de Lavadores.

Día do Libro

Ademais, Vigo celebrará este xoves, 23 de xullo o Día del Libro cunha xornada de exemplares na rúa, para que lectoras e lectores poidan achegarse a eles ao aire libre nas diferentes zonas da cidade. O alcalde explicou que o goberno municipal reservará espazos na vía pública para todas aqueles librerías que queiran unirse a esta xornada. “Queremos que tódalas librerías da cidade sexan ou non da Federación poidan sacar os seus libros á rúa”. Con ese fin, o espazo será cedido de forma gratuíta e o Concello comprométese a desenvolver unha campaña de promoción para dar a coñecer a iniciativa á cidadanía.

Día de Galicia

Por último, tamén este xoves será a conmemoración do Día de Galicia en Vigo, que terá lugar ás 20:00 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos. Será o pregoeiro o xurista Conde Pumpido, maxistrado do Tribunal Constitucional ei con anterioridade maxistrado do Tribunal Supremo (desde 1995) e Fiscal Xeral do Estado (desde 2005 a 2011).