Escoitar

Abel Caballero abordará co novo ministro de Cultura a construción da biblioteca do Estado

O alcalde manterá unha entrevista o martes con José Manuel Rodríguez Uribes, con quen tratará do proxecto de construción dunha biblioteca do Estado en Vigo. Recordou Caballero que o anterior titular de Cultura decidira edificala nos terreos municipais da rúa Lalín, detrás dos actuais xulgados.

venres, 28 feb 2020
o alcalde, en rolda de prensa.
o alcalde, en rolda de prensa.

Este solo fóra ofrecido polo Concello de Vigo ao Ministerio, cuxos técnicos inspeccionaron a zona, validada polo anterior responsable da carteira de Cultura. Engadiu Caballero que o espazo se adapta ao proxecto dunha biblioteca do Estado para Vigo que, anotou, figuraba no borrador dos orzamentos estatais presentados para 2019.

O alcalde anunciou esta reunión na rolda de prensa deste venres, na que informou da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, do expediente de contratación dos servizos auxiliares da biblioteca sala de lectura de Navia, un contrato que sae por 80.000 euros que se sumarán aos 446.000 que adicou o Concello para a adecuación e posta en marcha deste novo espazo con 200 postos de lectura con WiFi.

Descargar todas as imaxes