Escoitar

Concello e Universidade asinan un convenio para programas de axudas aos estudantes

Abel Caballero e Manuel Reigosa asinaron esta mañá un convenio de colaboración, por un importe de 350.000 euros, para que ningún alumno quede excluído dos estudios por razóns económicas, garantindo así a igualdade de oportunidades.

luns, 23 dec 2019
1577110180DSC03732.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero destacou hoxe a importancia do acordo asinado coa Universidade "para apoiar aos universitarios que máis o necesitan". Segundo indicou, o convenio, cun importe de 350.000 euros, pon de manifesto que "o apoio do goberno local á Universidade de Vigo é total". "Este equipo de goberno, con Manuel Reigosa á cabeza, realizan un traballo excepcional. A través do diálogo fomos capaces de trazar esta nova cooperación para apoiar aos universitarios que máis o necesitan", afirmou.

O reitor da Universidade de Vigo sinalou este momento como "un día de ledicia" e agradeceu ao rexedor a sinatura dun convenio que "vai permitir complementar os nosos programas propios de bolsas". Reigosa asegurou que a Universidade "ten un programa de axudas que se vai ver complementada coas achegas do Concello de Vigo e que nos van permitir que alumnos con necesidades especiais e con problemas económicos poidan seguir estudios universitarios"
Descargar todas as imaxes