Escoitar

O alcalde empraza aos concellos da área a baldear as rúas en días alternos

Abel Caballero deu conta este luns do nivel de ocupación das presas de Eiras, nun 76% -fronte aos 75,6% de 2018- e Zamáns, que rexistra un 72% de ocupación - 64,3% o ano pasado- e animou á cidadanía ao consumo responsable de auga.

luns, 16 set 2019
O rexedor apuntou que, con estes niveis, estamos "lixeiramente mellor que o ano pasado" cando as cifras de ocupación dos dous embalses que abastecen de auga a Vigo e outros concellos eran menores.

Con todo sinalou que Vigo seguirá aplicando medidas de consumo responsable como os baldeos de auga en días alternos nas rúas e emprazou aos concellos da área a que tamén realicen os baldeos en días alternos ou, en caso contrario, dixo, "tomarei decisións" ao respecto, aínda que manifestou a súa confianza en que "todos o teñan feito". O alcalde animou á cidadanía a consumir auga de forma responsable.