O Pleno pide un plan de choque para reducir as listas de agarda na sanidade viguesa
Os votos do PSOE, da Marea e do BNG deron luz verde á reclamación dun plan de choque para reducir as listas de agarda nas intervencións cirúrxicas. A moción aprobada, defendida polo socialistas, reclama tamén a dimisión do conselleiro de Sanidade
O Pleno da Corporación aprobou unha moción socialista na que se insta á Xunta a que se asuman as correspondentes responsabilidades políticas polo xestores e, en concreto, esixe a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, por "ser o máximo responsable político desta situación". Co apoio dos grupos de Marea e BNG e o voto en contra do PP, o texto aprobado solicita ao goberno autonómico a adopción de medidas urxentes que se concreten nun plan de choque con todos os medios necesarios para reducir as listas de agarda dos pacientes que esperan unha intervención cirúrxica nos hospitais de Vigo.