Escoitar

Chumi Chuma inicia este martes os espectáculos infantís do Concello en Castrelos

A banda de música infantil, apadriñada por Vetusta Morla, chega este martes ás 19:30h a Castrelos, na que é a primeira actuación do programa estival municipal para público familiar no auditorio vigués. O seguinte concerto será este sábado, 3 de agosto, ás 20h: Queenmanía.

martes, 30 xul 2019
O alcalde recordou este martes que hoxe arrancan os concertos gratuítos dirixidos a público infantil e familiar no auditorio ao aire libre de Castrelos, coa "gran actuación" de Chumi Chuma ás 19:30h.

A banda de música infantil Chumi Chuma actúa en Castrelos este martes, 30 de xullo, abrindo o programa de concertos para os máis pequenos. O Concello suma cinco espectáculos para o público familiar este verano no popular auditorio ao aire libre.

O grupo -encabezado por un monstro doutra dimensión chamado Chuma, de case que dous metros de altura- ofrece cancións didácticas que pretenden educar xogando no seu disco "Baila sin parar", con once cortes. O traballo está publicado polo selo discográfico de Vetusta Morla, que apadriñan a este proxecto.

Xunto a Chumi Chuma, o Concello propón outros catro espectáculos para público infantil, todos ás 20 horas: Queenmanía (sábado, 3 de agosto), O Rei León (luns, 5 de agosto), Shrek o Musical (martes 6 de agosto) e Superwings (mércores 7 de agosto). Todos con acceso libre ata completar aforo.