Escoitar

Vigo, o concello de España que máis nenos e nenas saharauís acolle este verán

Así o indicou este luns o delegado do Pobo Saharauí en Galicia, durante o tradicional acto de recepción que ofrece o Concello e o alcalde, Abel Caballero, ás familias viguesas acolledoras e aos 82 nenos e nenas saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf, que pasan en Vigo o verán.

luns, 29 xul 2019
1564405706saharauis2.jpg
En declaracións aos medios, Abel Caballero explicou que o goberno de Vigo achega un total de 180.000 euros á Asociación Galega do Pobo Saharauí para levar adiante o programa "Vacacións en Paz" durante os próximos tres anos. Grazas a esta achega é posible financiar os gastos de desprazamento dos nenos e nenas, e "se é preciso, financiaremos máis viaxes", avanzou o alcalde.
Descargar todas as imaxes