Caballero invita á cidadanía a acudir aos actos do Día de Galicia no Pazo de Castrelos

O alcalde de Vigo invitou este venres a todos os vigueses a participar nos actos do Día de Galicia que se celebrarán o vindeiro 30 de xullo no Pazo de Castrelos. Abel Caballero indicou que en próximas datas informará da hora de celebración e da persoa que dará o pregón.

venres, 12 xul 2019
Abel Caballero informou este venres de que o Pazo de Castrelos acollerá o vindeiro 30 de xullo os actos do Día de Castrelos e invitou a todos os cidadáns a acudir ao evento nos xardíns do museo. "Enviamos recordatorios pero todo aquel que queira ir non necesita reserva nin invitación, está aberto desde que son alcalde a todos os cidadáns", sinalou o rexedor.