Estética impresionista e Art Decó, a proposta pictórica de Menchu Abril para a Alcaldía
Abel Caballero inaugurou este xoves unha nova edición de MostrArte, o programa que enche de arte os espazos da Alcaldía. Desta volta é a quenda de Menchu Abril, artista vocacional e autodidacta que ofrece pinceladas impresionistas e estética anos vinte cunha temática notablemente feminina e feminista. Os cadros estarán expostos na Alcaldía durante as próximas semanas.