O alcalde apoia o labor do Banco de Alimentos durante a visita da raíña Sofía
Abel Caballero participou este venres na visita que realizou a raíña Sofía ao Banco de Alimentos de Vigo onde coñeceu o labor que desenvolve a entidade dende 1995. O rexedor acompañou a dona Sofía no seu percorrido polo almacén desde o que se distribúe unha media diaria de 6.000 quilos de comida e saudaron aos voluntarios que colaboran coa entidade.
