O goberno municipal garante o apoio á Feira do Libro instalada na rúa Príncipe ata o 6 de xullo
concelleiro de Cultura, Abel Losada, reiterou hoxe xoves a implicación do Concello co sector do libro polo seu valor cultural e económico na cidade. Así o dixo durante a inauguración da 45 edición da Feira do Libro de Vigo que estará na rúa Príncipe ata o 6 de xullo.
A rúa Príncipe reúne desde hoxe xoves as casetas que conforman a 45 edición da Feira do Libro de Vigo. Na súa inauguración, o concelleiro de Cultura, Abel Losada, defendeu o libro como un parapeto fronte aos ataques contra a igualdade ou os dereitos sociais, así como unha oportunidade de negocio e de xerar emprego o que supón, unha mellora da vida dos cidadáns. Por esas razóns, explicou, o Concello apoia un sector que ten unha tripla faciana "cultural, económico e, por que non, político". O edil de cultura destacou a presenza na feira da biblioteca municipal Neira Vilas, da biblioteca pública Juan Compañel ou do Centro de Documentación Feminista, "especialmente significativo nos tempos que corren".
Losada rematou felicitando á organización e desexando "que haxa moitos compradores, sobre todo nenos porque a afección á lectura constrúese desde a infancia".
Descargar todas as imaxes
Losada rematou felicitando á organización e desexando "que haxa moitos compradores, sobre todo nenos porque a afección á lectura constrúese desde a infancia".