O goberno municipal apoia con 185.000 euros a catro entidades sociais e un proxecto de cooperación en Siria
A Xunta de Goberno Local aprobou convenios con Afaga, Alborada, DOA e a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, ademais dunha subvención a Unicef para un programa de axuda en Siria, decisións de "profundo" contido social que "caracterizan" a actuación do Concello, en verbas do seu alcalde.
O goberno vigués acordou este xoves a concesión de 185.000 euros para apoiar a actividade de distintas organizacións con carácter social e para o proxecto de cooperación que Unicef leva adiante en Siria.
Segundo indicou o alcalde, o executivo que preside aprobou un convenio con Afaga por valor de 54.000 euros para un programa de respiro familiar e mellora da calidade de vida dos enfermos e dos seus familiares. Ademais, Alborada percibirá do Concello outros 30.000 euros para o seu programa "Verdear", de incorporación social a través da agricultura ecolóxica.
Os acordos esténdense á asociación de Axuda ao Enfermo Mental, DOA, con case que 22.000 euros de apoio municipal para obradoiros de cartón-pedra, coiro e serigrafías para os seus usuarios. Por último, o goberno vigués acordou adicar 60.000 euros á Asociación de Persoas Xordas de Vigo para a contratación e prestación dun servizo de intérprete en lingua de signos.
Siria
No tocante á cooperación internacional, Abel Caballero deu conta da subvención a Unicef decida hoxe xoves polo goberno de Vigo, que achegará 20.000 euros á ONG para colaborar no desenvolvemento do seu proxecto humanitario en Siria. En concreto, o Concello colabora con Unicef na mellora do estado nutricional dos menores de cinco anos e das nais en estado de xestación ou lactancia, en Aleppo e na zona noroeste do país.