Escoitar

Caballero anima á cidadanía para que acuda ao Ifevi por mor da Festa do Judo Infantil

O alcalde de Vigo presentou hoxe a XXVI Festa do Judo Infantil-Trofeo Mestre de Frutos, prevista para este domingo no Ifevi (11:30) con entrada de balde e co patrocinio do Concello e da Deputación.

venres, 30 nov 2018
1543604118IMG_3471.JPG
Acompañado polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e do edil de Deportes, Manel Fernández, Caballero destacou a presencia de 1.500 nenas e nenos de corenta entidades deportivas e escolas de Vigo e de toda a provincia neste encontro no recinto ferial no vintecinco aniversario (1993-2018) da iniciativa, que comezou no Pavillón Central das Travesas.

O rexedor anunciou que o judoca do Famu Nikoloz Sherazadishvili -"Nico" para o presidente da Galega-, "vai ser un gran protagonista" da xornada, pois acudirá a Vigo a recibir un dos premios que Famu reserva para os seus mellores deportistas do ano.

"Queremos presenciar e disfrutar este evento, e invito a toda a cidade a que acuda", dixo Caballero.
Muzas, pola súa banda, amosouse moi ledo polo cuarto de século desta competición de técnica, na que hai clasificación, pero que queremos chamala festa e que sexa un día de encontro entre familias, Mestres, ou deportistas".

Os judokas repartiranse entre 29 tatamis e unha hora despois do inicio do campionato entregaranse os recoñecementos a vinteoito deportistas (o dobre sobre a festa de 2017), sete deles polos éxitos acadados a nivel internacional. E Muzas referiuse precisamente a "Nico": "En 70 anos de historia do noso deporte en España fixo historia como primeiro ouro mundial español; e representa a Galicia e a o Famu por vontade propia".
Descargar todas as imaxes