Escoitar

Concello e Deputación arrancan a humanización de Emilio Pardo Bazán cun orzamento de case 3 millóns

O alcalde e a presidenta da Deputación visitaron a Estrada Provincial onde comezou esta mesma mañá a humanización da rúa, un proxecto froito dun convenio de colaboración entre ambas institucións. Cun orzamento de 2,8 millóns e un prazo de execución de 12 meses, comeza unha obra que os veciños levan décadas reclamando ao organismo provincial, sen resposta ata a chegada de Carmela Silva á Deputación. <br />

luns, 24 set 2018
1537794693piedra.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva participaron esta mañá no acto de posta da primeira pedra da reforma integral de Emilia Pardo Bazán. Cun orzamento de case 3 millóns -2,8 concretamente- e un prazo de execución de 12 meses, dá comezo unha humanización de "grandísima" calidade que inclúe a renovación de canalizacións para abastecemento de auga, pluviais e fecais, que "están en estado catastrófico". "É o Vigo que herdamos, dixo o rexedor, "no que non se fixo nada nos últimos setenta anos". Explicou que os veciños levaban décadas reclamando esta humanización ao organismo provincial "pero a anterior Deputación nunca a acometeu", a pesar de ser unha zona moi densamente poboada, puntualizou.

Os traballos incluirán ramplas e escaleiras de conexión coa Avenida de Madrid, onde tamén está moi avanzado o proxecto de humanización. Esta mellora incorpora parques infantís e biosaudables, así como a renovación da sinalización e rede semafórica. Concluíu Caballero cualificando o inicio desta obra como un "fito histórico", demandado desde hai corenta anos.
Descargar todas as imaxes