Escoitar

O alcalde valora a formación en artes escénicas para o desenvolvemento persoal

Durante a presentación da Escola de Artes Escénicas de Jana Produccións no colexio Montecastelo, Abel Caballero explicou que o avance persoal ten que ser "pluridimensional" e a formación nesta materia forma parte deste proceso. O rexedor felicitou ás partes por levar adiante esta proposta en Vigo.

luns, 24 set 2018
1537794420jana.JPG
O alcalde participou na presentación xunto ao xerente de Jana Produccións, Andrés Santiago, e o director do colexio Montecastelo, José Manuel Rodríguez, e puxo en valor a "gran idea" e a "gran acción" da chegada de Jana á cidade. A empresa conta actualmente con dúas escolas: unha en Madrid e outra en México.

A Escola de Artes Escénicas de Jana Produccións abre en Vigo para formar novos talentos na creatividade artística e interpretativa. Impartirá as súas clases para alumnado de entre 6 e 16 anos en tres aulas do colexio Montecastelo para outras tantas disciplinas: baile, canto e interpretación.

Jana Produccións é unha compañía consolidada como referente obrigado na produción de eventos musicais e espectáculos para todos os públicos, con decenas de premios nacionais que avalan a súa traxectoria. Jana organizou musicais en Vigo cunha notable afluencia de público o que, xunto ao respaldo do alcalde de Vigo, lles animou a decantarse pola cidade para implantar o seu proxecto.
Descargar todas as imaxes