Escoitar

Vigo aforrou no que vai de ano un 4,5% respecto a 2017, o dobre que a media do resto dos concellos aos que abastece

Abel Caballero esixe por carta consumo responsable aos nove concellos aos que abastece de auga, unha vez coñecido que Vigo aforrou nos nove primeiros meses do ano un 4,5 respecto a 2017. A media do aforro do resto dos municipios é dun 2% pero algún concello aumentou o seu gasto nun 11%.

martes, 18 set 2018
1537284470agua.JPG
O alcalde de Vigo enviou unha carta a todos os alcaldes e alcaldesas dos municipios aos que Vigo abastece de auga (Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos) pedíndolles consumo responsable e que implementen as mesmas medidas de aforro que adoptou Vigo, coa supresión de baldeos. Con datos na man, Caballero explicou que no que vai de ano, Vigo aforrou un 4,5% no consumo de auga,o dobre que o promedio do resto dos nove concellos aos que abastece que é dun 2%. Destacou ademais nestes nove primeiros meses do ano, un dos concellos aumentou nun 11% o seu consumo polo que lle vai enviar ao rexedor unha comunicación singular reclamándolle gasto de auga responsable. Insistiu na necesidade de facer o "máximo aforro posible" porque non hai previsión de choivas e aprazou ata o próximo luns a decisión de adoptar eventuais novas medidas. O rexedor rematou criticando a paralización do transvase de emerxencia comprometido pola Xunta e que ía ser financiado desde o Concello.
Descargar todas as imaxes