Escoitar

O Concello habilita a páxina web municipal para elixir desde mañá a data do acendido do Nadal

O sábado 17 ou o sábado 24 de novembro. Estas son as datas que propón o goberno local para que a cidadanía elixa o día que quere que arranque o alumeado de Nadal. A partir de mañá mércores e durante unha semana, a páxina web do Concello estará habilitada para recibir as preferencias de todos os que queiran contribuír nesta decisión.

martes, 18 set 2018
O goberno local decidirá a data do acendido do Nadal en función da votación da cidadanía que participe votación habilitada na páxina web municipal. As opcións propostas son o sábado 17 ou o sábado 24 de novembro e a decisión final se coñecerá rematado o prazo de votación, que se estenderá durante unha semana e comezará mañá mércores. O rexedor avanzou que Vigo espera un "cheo colosal" o que supón "riqueza, emprego, valor engadido e turismo para a cidade". Trátase dun investimento que devolve o cento por un, tal e como sucedeu no último Nadal, abundou. Tal e como lembrou, este ano vanse iluminar 350 rúas e prazas da cidade.