Escoitar

Abel Caballero eloxia a "excelencia e calidade" da 40ª Travesía a Nado El Corte Inglés

Presentada este martes, a proba celébrase no Vao este domingo, cunha distancia popular de media milla náutica (926 metros) e os 2,5 quilómetros do Trofeo de Augas Abertas. A inscrición péchase este mércores. O alcalde chamou á participación e subliñou a "consolidación e tradición" dunha proba que conta corenta edicións.

martes, 31 xul 2018
1533042059travesia.JPG
Na súa intervención durante a presentación este martes, o alcalde valorou as corenta edicións da proba como unha "mostra da consolidación e da tradición" desta, polo que felicitou a El Corte Inglés, organizadores e patrocinadores. A Travesía conta cun "nivel de excelencia e calidade moi importante", con grandes deportistas que veñen a Vigo, polo que chamou á participación dos nadadores e nadadoras. A inscrición é gratuíta e o prazo para anotarse conclúe este mércores.

A cita ten lugar este domingo 5 de agosto ás 11 horas na praia do Vao, organizada pola Federación Galega de Natación coa colaboración do Concello de Vigo e o patrocinio principal de El Corte Inglés. Os participantes poden optar entre a media milla náutica -unha travesía popular de 926 metros- ou o 5º Trofeo Augas Abertas, con dous quilómetros e medio de percorrido.
Descargar todas as imaxes