O Concello propón cinco novas Áreas de Rehabilitación Integral con 2.200 vivendas
Abel Caballero anunciou este martes que o a Xerencia Municipal de Urbanismo levará na súa vindeira xuntanza unha proposta para crear cinco novas Áreas de Rehabilitación Integral que permita reformar 2.200 vivendas na cidade. Ademais, o Concello solicita a avaliación ambiental do ámbito urbanístico de Montana (Alcabre) con case 70 novas vivendas.
O alcalde de Vigo informou este martes en rolda de prensa de que o Concello proporá na vindeira reunión da Xerencia de Urbanismo a creación de cinco novas Áreas de Rehabilitación Integral con 2.200 vivendas.
Trátase das novas áreas do Edificio Fenosa, construído en 1960 con 11.700 m² e 622 vivendas; o Grupo de Vivendas de Beiramar, sete edificios de 1975 con 70 vivendas e 2.800 m²; as vivendas sociais da rúa Emilia Pardo Bazán (ano 1957) e San Roque (anos 1940 e 1962), con 232 vivendas e 27.000 m²; os Grupos de Vivendas Espiñeiro (ano 1960) e Enrique Lorenzo (ano 1954), con 88 vivendas e 20.000 m²; e A Salgueira (edificado entre 1953 e 1958), con 196 vivendas e 20.000 m².
"É unha acción da maior importancia, porque rehabilitaremos 2.200 vivendas con importantes achegas do goberno de España e do Concello para iniciativas como instalar ascensores e salvar 3 e 4 alturas", sinalou o alcalde.
Ademais, o Concello tamén propón a ampliación do ARI das rúas Bueu e Moaña para pasar de 26.000 a 70.000 m², de 45 a 74 edificacións e de 360 a 996 vivendas.
Ámbito de Montana
Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo solicitou á Xunta de Galicia a Avaliación Ambiental Estratéxica do "Plan Especial de Reforma Interior da UAE Montana". O ámbito está situado na parroquia de Alcabre e busca a ordenación urbanística da zona con vivendas unifamiliares.