Caballero destaca o "momento histórico" da FEMP, convocada polo presidente do Goberno en igualdade coas comunidades autónomas
O alcalde de Vigo sinala que recibir o mesmo trato que as comunidades autónomas representa "un novo avance na posición da FEMP e na súa presenza no conxunto de España".
"É a primeira vez na historia que un presidente de Goberno entrante inclúe ao presidente da FEMP na súa ronda de conversacións coas administracións. Significa un novo avance na posición da FEMP, na nosa presenza no conxunto de España. E significa un posicionamento político de Sánchez cara o municipalismo que debe ser recoñecido, que nós recoñecemos e do que nos felicitamos". Así o sinalou o presidente da Federación, Abel Caballero, a mañá de hoxe, ante os membros da Xunta de Goberno e do Consello Territorial, aos que deu conta da reunión que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, manterá coa Federación no marco dos encontros que o xefe do Executivo vai a manter cos responsables das comunidades autónomas.
Trátase da primeira vez na historia da Federación que un presidente de Goberno "chama ao presidente da FEMP dous días despois da súa toma de posesión para anunciar que estaremos nesa ronda de entrevistas exactamente ao mesmo nivel cas comunidades autónomas". A partires deste momento, explicou, tan so queda pendente pechar as datas e a axenda a abordar na cita. Caballero engadiu que "se abre unha nova etapa. Ser recibidos polo presidente do Goberno supón un feito tan importante que marcará a relación entre a FEMP e o Goberno de España a partir de agora". Os temas da axenda a abordar na reunión xa se están traballando coa ministra Meritxell Batet.
Contra a pobreza infantil
O presidente informou igualmente sobre a chamada da Alta Comisionada contra a Pobreza Infantil, María Luisa Carcedo, de cara a establecer unha liña de traballo para garantir a alimentación dos nenos e nenas que poderían verse afectados en verán polo peche dos comedores escolares. Segundo explicou, o obxectivo é traballar directamente cos consistorios en comedores para todo o colectivo infantil.
Municipios solidarios que acollen
Outro dos puntos sobre os que chamou a atención foi o proceso de acollida dos migrantes do barco "Aquarius". Na presentación do seu informe, o presidente deu conta dos pasos seguidos desde a chamada da vicepresidenta do Goberno, encargando á Federación a coordinación das propostas de acollida dos gobernos locais, ata a reunión mantida coas ONG para articular o protocolo correspondente, pasando polo chamamento ao que o propio presidente deu difusión desde a FEMP. A reacción acolledora dos municipios foi, para Caballero, "un orgullo".
Descargar todas as imaxes