Escoitar

O goberno de Vigo apoia con 91.500 euros a labor social de catro entidades

Abel Caballero asinou este venres convenios con catro asociacións de carácter social. Médicos do Mundo recibe 50.000 euros do Concello, a ludoteca do CRAC de Coruxo conta con 24.500 euros, 10.000 euros para Alborada e outros 7.000 euros para a sede viguesa da Asociación Española contra o Cancro.

venres, 1 xuñ 2018
1527857773Convenios_01.JPG
O alcalde, Abel Caballero, indicou que o goberno vigués colabora con Médicos do Mundo no desenvolvemento dun programa de intervención socio sanitaria para drogodependentes en risco de exclusión social, cun importe de 50.000 euros. O CRAC de Coruxo, pola súa banda, percibe do Concello outros 24.500 euros para levar adiante unha ludoteca para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, en horario de tarde salvo nas vacacións escolares, que pasa a ser polas mañás.

En terceiro lugar, o goberno vigués adica outros 10.000 euros máis para a Asociación Alborada, que promove o proxecto "Verdear" de mellora da calidade de vida e incorporación social dous seus usuarios a través do coñecemento das técnicas de traballo da agricultura ecolóxica. Por último, o Concello achega 7.000 euros á xunta local viguesa da Asociación Española contra o Cancro, apoiando así a atención psicolóxica e social de doentes oncolóxicos e familiares.
Descargar todas as imaxes