Escoitar

O alcalde participará na mobilización polas pensións, "un dereito que reivindicamos"

Abel Caballero anunciou a súa presenza na concentración convocada para este sábado ás 12 horas ante o MARCO. Considera "incomprensible e inadmisible" o argumento estatal para desatender a "xustísima" demanda do colectivo e recordou que a pensión é un "dereito adquirido e polo tanto reivindicámolo".

venres, 16 mar 2018
1521218066pensionistas.jpg
O alcalde, Abel Caballero, trasladou este venres públicamente o seu apoio á mobilización convocada para este sábado ás 12 horas ante o MARCO en defensa dunhas pensións dignas e anunciou a súa presenza na concentración.

Caballero considera "inadmisible" unha devaluación este ano no valor das pensións de máis dun punto porcentual, nun momento de saída da crise cando noutros colectivos comezan a adoptarse subas de salarios incluso por encima do IPC. A este respecto, o rexedor saudou o acordo acadado cos sindicatos para o emprego público, "pero os pensionistas tamén".

Esta "xustísima reivindicación" é "da maior importancia" para Abel Caballero. "O argumento que escoito do Goberno de España para non subir as pensións é incomprensible, é inadmisible", ao tempo que resaltou que "as pensións non son un regalo gracioso do Goberno de España ou da Seguridade Social, son un dereito adquirido polos que pagamos durante tantos e tantos anos as nosas cotas relixiosamente. Claro que adquirimos un dereito, e por tanto reivindicámolo".

Caballero requeriu do goberno central "unha distribución do crecemento" que está a rexistrar España "entre todos os grupos integrantes do país". "¿Por qué deixan fóra aos pensionistas?", cuestionouse o alcalde.
Descargar todas as imaxes