"CONTRATACIÓN DE MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO"

Programa de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero do Concello de Vigo.Postos a contratar: 5 prazas de auxiliares de administración xeral e 8 de ordenanzas. Duración do contrato:12 meses.

venres, 16 mar 2018
Requisitos das solicitantes:
Ser víctima de violencia de xénero e ter sido usuaria do Centro Municipal de Información á Muller de Vigo.
Estar empadroada e ter residencia efectiva no Concello de Vigo con anterioridade ao 01/01/2016.
Ser demandante de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia en Vigo, admitíndose a situación en mellora de emprego.

Prazo, forma e lugar de presentación das solicitudes:
O prazo máximo de presentación de solicitudes é de dez días (10) a contar dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na web do Concello de Vigo (www.vigo.org).
As solicitudes a cumprimentar polas interesadas están a súa disposición na páxina web www.vigo.org e na oficina de Información do Concello.
As solicitudes poden achegarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou a través da sede electrónica https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga.

Máis información:
Telefónica: 986 810 232 ou no 010.
Internet: ofi.emprego@vigo.org
Presencial: Concello de Vigo – Unidade de Desenvolvemento Local
Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Centro Municipal de Emprego
R/ Oporto, 1-2ª