Escoitar

O Concello autoriza a urbanización dunha parcela situada xunto ao cuartel da Garda Civil

Caballero anunciou este luns que a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará esta semana a licencia solicitada para urbanizar unha parcela situada entre as rúas Barcelona e Zaragoza, á altura do cuartel da Garda Civil. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao contrato do servizo de seguridade e vixilancia en Cedro, a supervisión dos mercadiños e o mantemento das instalacións de calefacción e auga dos pavillóns.

luns, 5 mar 2018
A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo autorizará esta semana a licencia de construción solicitada para un inmoble no solar situado entre as rúas Barcelona e Zaragoza, á altura do cuartel da Garda Civil. Así o anunciou Abel Caballero este luns despois de destacar a súa "satisfacción" por dar unha solución definitiva a unha parcela do centro de Vigo que estaba nunha situación "desastrosa".

Segundo explicou o alcalde, o investimento por parte da empresa que se ocupará da urbanización será de máis de 6 millóns de euros. O inmoble terá catro plantas e 87 vivendas, cunha superficie construída total de 23.264 m²

Seguridade e vixilancia
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou o expediente de contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de seguridade e vixilancia en CEDRO e nas unidades básicas de acción social de Benestar Social (Coia, Rivera Atienza, Teis e Casco Vello) . O importe é de 291.000 euros, cunha duración de 5 anos.

Venta ambulante
A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ao contrato do servizo de tareas auxiliares de supervisión do funcionamento da venta ambulante nos mercadiños de Bouzas e Coia. O importe neste caso é de 35.000 euros e o obxectivo son labores de inspección da venda ambulante para que cumpran as condicións nas que se entregaron as autorizacións.

Calefacción e auga nos pavillóns
Ademais, foi aprobado o mantemento da calefacción e produción de auga quente dos pavillóns de Candeán, Carmen, ETEA, Navia, Berbés e O Carme. O importe é de 221.000 euros e contrato ten unha duración de catro anos. O resto das instalacións deportivas van a gasóleo ou con termos eléctricos.

Gimnasia para maiores
Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do contrato para a prestación dos servizos técnicos docente para o Programa de ximnasia para persoas maiores. Será unha prórroga de dous meses, cun importe de 7.555 euros e un prezo total del contrato anual de 38.200 euros.