O Concello repartirá en todos os centros escolares o conto "Jules Verne e o pesadelo de Xulia"
O goberno local ven de colaborar na edición de "Jules Verne e o pesadelo de Xulia", un conto excepcional escrito pola xornalista Ana B. Gómez e que será distribuído por todos os centros educativos da cidade. O obxectivo é achegar aos estudantes de Infantil e Primaria á relación que este autor francés tivo con Vigo
Abel Caballero cualificou de "excepcional" o conto "Jules Verne e o pesadelo de Xulia" que esta mañá presentou en rolda de prensa acompañado por 35 estudantes do Ceip Otero Pedraio e pola escritora, Ana B. Gómez. Coas "marabillosas" ilustracións de Ignacio Hernández, o Concello coopera con Lobito Bueno na edición dun texto "magnífico", unha acción enmarcada no 150 aniversario da chegada do Nautilus á ría de Vigo, segundo narra o autor francés en "20.000 leguas de viaxe submarino".
Tal e como avanzou o rexedor, repartiranse estes libros por todas os bibliotecas e todos os centros educativos da cidade para que os estudantes de Infantil e Primaria coñezan a relación entre este autor e a nosa cidade.
O conto transcurre en Vigo, cando Xulia sufre un forte pesadelo. A partir dese momento, ela e o seu avó se embarcarán nunha aventura e viaxarán no tempo xunto a Verne. Na narración aparecen distintos escenarios culturais e incluso as Illas Cíes.
Descargar todas as imaxes