O goberno de Vigo inicia a recuperación dos espazos públicos danados polos incendios
O Concello deu o primeiro paso para arranxar as zonas públicas danadas polos incendios, co iniciou da modificación do contrato de acondicionamento e arranxo de infraestruturas municipais. Deste xeito, explicou o rexedor, arrancamos coa recuperación dos espazos públicos afectados polos lumes dos pasados 15 e 16 de outubro.
O goberno local iniciou a modificación do contrato do servizo de acondicionamento, mantemento e arranxo das infraestruturas viarias do Concello para incluír todos os danos provocados polos incendios. Deste xeito, a empresa concesionaria que é Civis Global desde o 2014 e cun contrato de 6,4 millóns, comenzará a traballar na recuperación dos ámbitos públicos afectados polos lumes dos pasados 15 e 16 de outubro.
Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, a Xunta de Goberno tamén adxudicou provisionalmente a xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística Vigo en inglés á empresa New Link Education S.L.. Cun orzamento de 1.764.000 euros, este ano o Concello outorgará 750 achegas, as mesmas que o ano que vén. A esta cantidade hai que sumar outras 100 bolsas anuais para a Escola de Idiomas o que eleva o orzamento a máis de 2 millóns de euros.
O alcalde tamén deu conta da achega de 350.000 ao proxecto Xantar na casa, para dar de comer a persoas maiores e/ou dependentes -fundamentalmente mulleres -que non se valen por se mesmas.
Outro asunto que hoxe recibiu luz verde é o programa Vigo Integra V, dotado con 237.000 euros cos que se impartirá formación a 85 persoas. Os participantes recibirán formación en creación de empresas, alfabetización informática, panadería e pastelería, dinamizador de actividades de tempo libre, xestión de almacéns, manipulador de alimentos, impresión en 3D e piloto oficial de drons.
Urbanismo
Hoxe xoves tamén se procedeu á apertura do trámite de consulta pública para a modificación da Ordenanza Reguladora de Edificación Forzosa e Rexistro Municipal de solares do Concello de Vigo. Deste xeito, o Concello poderá facerse coa xestión de parcelas cando os propietarios non as atendan ou non edifiquen, segundo o previsto. Co inicio deste procedemento, establécese un prazo de 20 días para que a cidadanía, asociacións e organizacións fagan as súas suxestións. O obxectivo é evitar riscos de seguridade, así como o deterioro do ornato público e medioambiental.