O Concello cooperará nunha campaña de sensibilización sobre afogamentos nas praias
O alcalde de Vigo comprometeuse esta mañá con ADEAC Bandeiras Azuis en cooperar nunha campaña de sensibilización sobre eventuais accidentes acuáticos. Así o acordou logo dunha reunión que mantivo con Virginia Yuste, vicepresidenta da entidade.
O Concello de Vigo colaborará con ADEAC Bandeira Azul na posta en marcha dunha campaña para sensibilizar sobre como actuar en caso de eventuais afogamentos. Esta entidade nacional, dixo o rexedor, elixiu Vigo para desenvolver distintas actividades de prevención dado o destacado nivel da cidade en materia de seguridade e limpeza de praias.
Descargar todas as imaxes