Caballero critica que Vigo sexa "castigado" este ano e o próximo sen voos directos do Imserso
O alcalde esixe que o presidente do Goberno resolva esta situación polo prexuízo que supón para a cidadanía viguesa. Segundo lle explicou por carta a directora do Imserso, o contrato do programa de viaxes só recolle que as saídas se realicen desde Santiago ou A Coruña tanto este ano como o vindeiro.
A directora xeral da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Carmen Balfagón, respondeu con negativas ás dúas cartas, enviadas polo rexedor vigués, nas que se instaba ao organismo a repartir as viaxes "en termos razoables" de proximidade á poboación da terceira idade, tendo en conta o número de habitantes de cada urbe galega, de maneira que poidan viaxar desde o aeroporto máis próximo ao seu lugar de residencia.
Segundo expuxo o rexedor olívico, a directora do Imserso escusouse aludindo ao feito de que o prego de prescricións técnicas do contrato-programa só recolle que as saídas se efectuarán en Galicia desde o aeroporto de Santiago ou A Coruña, tanto este ano como o vindeiro porque se manteñen as condicións do contrato.
Abel Caballero esixiu ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que resolva esta situación que supón que a xente de Vigo "seguirá castigada este ano e o vindeiro" véndose obrigada a voar co Imserso desde Santiago e Coruña. Así, dixo, "miles de persoas terán que ir a Pontevedra polos seus medios e desde alí en autobús a Santiago ou A Coruña", co trastorno que iso implica.