O Concello pon en marcha o III Programa de Medianeiras cun investimento de 350.000 euros
Para o rexedor trátase dunha "gran acción cultural na cidade" que incluirá 15 actuacións en en medianeiras e paramentos exteriores. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a adxudicación de obras en vías municipais por máis de 574.000 euros e a clasificación de ofertas para a Grada de Río de Balaídos cun orzamentos de 5.529.000 euros.
O III Programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana bota a andar en Vigo tras a súa aprobación por parte da Xunta de Goberno Local. Abel Caballero explicou que, cun importe de 350.000 euros, incluirá 15 actuacións e que se desenvolverá en dúas fases: unha primeira na que se seleccionarán os espazos, artistas e centros educativos que queiran participar e a segunda na que se executarán os murais e outras expresións artísticas.
O alcalde puxo en valor o programa na súa terceira edición como "unha gran acción cultural" que ten espertado o interese doutras cidades de España que xa contactaron co alcalde para informarse do desenvolvemento do programa. Ademais, salientou que as medianeiras decoradas están contribuíndo a "recuperar a cidade", tanto na contorna urbana como na entorno urbano na rural.
Investimento de 2 millóns de euros nas parroquias
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á adxudicación de contratación das obras de renovación de firmes en vías municipais nas diferentes parroquias do Concello. Os primeiros dous lotes supoñen unha inversión de 574.890,94 euros que, sumados aos outros dous lotes que están en proceso de tramitación, acadarán os 2 millóns de euros destinados ao rural segundo expuxo Caballero. A isto, dixo, deben engadirse 3,5 millóns de euros que dedican Deputación e o Concello na vía do Porto en Beade, pola que levan agardando "50 anos". Quedou tamén adxudicada a contratación de obras de humanización da rúa Vía Norte entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández cun prezo total de 1.085.000 euros.
Ademais a Xunta de Goberno, aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de reforma da Grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos cun orzamento de 5.529.000 euros que, para o alcalde é "a maior adxudicación pública feita nun estadio de Europa neste ano", e que inclúe actuacións na cuberta, nos asentos, na accesibilidade ou na separación contigua á grada.