O CES debaterá as propostas do Goberno municipal para paliar os efectos da marea negra
O Goberno municipal someterá o venres á consideración do Consello Económico e Social un documento no que se recolle un conxunto de medidas que se consideran necesarias para a reactivación social e económica da área de Vigo trala marea negra. No documento faise unha relación das actuacións que deben impulsar as distintas administracións para crear unhas condicións que permitan relanzar a economía de Vigo tralos efectos negativos da catástrofe.
O Goberno municipal propón que se acelere a posta en marcha de diversas infraestructuras de comunicación como o segundo cinto de circunvalación, porto seco de Salvaterra ou a conexión da autoestrada coa autovía Rías Baixas. Ademais reclama un compromiso do Goberno central para executar as obras de enlace de Vigo con Ourense e Portugal a través dunha liña férrea de alta velocidade ou para a construcción dun Centro de Control de Tráfico Marítimo.
O documento elaborado polo equipo de goberno fai referencia tamén á conveniencia de fixar en Vigo a sede da Axencia Europea de Seguridade Marítima e á de crear un porto refuxio no sur de Galicia.
O Goberno vigués reclama tamén proxectos de recuperación integral das illas Cíes, a promoción de Vigo como destino turístico e a elaboración dun plan de emprego para a comarca. Asemade, recórdase a necesidade de manter as medidas de emerxencia destinadas a indemnizar a traballadores e empresas afectadas e a de buscar de inmediato unha solución para evitar que o Prestige siga derramando fuel.