Aberto o prazo para o segundo concurso radiofónico Concello de Vigo
O segundo concurso radiofónico Concello de Vigo, organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración con Radio Ecca, pretende buscar locutores de 16 a 30 anos para conducir o informativo xuvenil ”Chimpa nas ondas”.
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, explicou que foi sorprendente o éxito da anterior convocatoria polo o número e calidade dos participantes que presentaron a súa maqueta na pasada edición. Os gañadores deste ano serán os presentadores dun programa xuvenil en Radio Ecca, comentaristas da mediomaratón Vig-Bai e obterán unha gravadora e unha cámara fotográfica dixitais.
Coas gravacións recibidas ata o 10 de febreiro na Casa da Xuventude elixiranse 6 finalistas que deberán pasar unha última proba radiofónica nunha sesión de Noites Vivas onde o público asistente será o xurado definitivo que escollerá os gañadores. O resultado darase a coñecer na entrega de premios que se realizará na semana seguinte da celebración desta proba na sala Nashville.
Os interesados en participar deben enviar unha gravación de dúas noticias que non deberá pasar dos cinco minutos de tempo total. Non se valorará a calidade técnica senón o contido e locución da mesma.
Lupe González, unha das gañadoras da pasada edición, que concluirá o traballo en marzo cando se incorporen os novos locutores, animou os mozos a participar no concurso e explicou que realizou entrevistas, noticias e comentarios sobre a oferta de actividades da Concellería de Xuventude.
Paralelamente, a Concellería de Xuventude realiza o programa ”A radio na escola” en 17 centros vigueses con rapaces que interveñen en directo e coñecen o funcionamento dunha emisora.
Descargar todas as imaxes