O alcalde valora o "gran logro" da Área Metropolitana, unha "patria común de sentimentos compartidos"
Na súa intervención durante o acto de sinatura da reforma da lei da Área Metropolitana de Vigo, Abel Caballero indicou que confía que se amplíe o número de municipios partícipes ata chegar aos case 600.000 habitantes integrados. O rexedor avogou por mirar ao futuro dunha Área Metropolitana que "non ten límites"
O Real Club Náutico de Vigo acolleu na mañá deste mércores o acto de sinatura da reforma da Lei de Area Metropolitana de Vigo, a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e coa participación do alcalde, Abel Caballero, e o resto de rexedores e rexedoras dos catorce municipios que a integran.
Na súa intervención, Abel Caballero valorou que a Área Metropolitana é "un gran logro, unha gran acción", unha "patria común de sentimentos compartidos" que se impuxo "pola súa propia dinámica". O alcalde vigués confiou en que os case medio millón de habitantes representados agora nos catorce concellos sexan pronto preto de 600.000, coa incorporación dos concellos do entorno que o teñen solicitado.
Caballero quixo referirse especialmente aos alcaldes e alcaldesas dos catorce concellos cos que arranca a Área Metropolitana de Vigo, tamén aos seus antecesores no cargo, como un "recoñecemento a todos os que a fixeron posible". Tamén valorou que a modificación da norma se votase por unanimidade no Parlamento de Galicia, "un si colectivo no que algúns sentimos unha profunda emoción, porque era Galicia enteira dando luz verde" ao novo ente administrativo.
O alcalde de Vigo citou a división de Galicia en provincias de 1833 e o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 como dous grandes fitos para Galicia, que agora se ven acompañados coa creación de Área Metropolitana de Vigo, "máis que unha división administrativa", asegurou Caballero.
Por último, Abel Caballero recordou que a última etapa para consensuar a lei naceu arrancou hai un ano, nunha entrevista celebrada en Santiago entre alcalde de Vigo e o presidente da Xunta de Galicia, na que Caballero propúxolle a necesidade de retomar o proxecto metropolitano vigués, e "hoxe é unha realidade".
O rexedor vigués pechou a súa intervención aseverando que a Área Metropolitana de Vigo "non ten límites". "Vivimos na globalización, sabemos onde nos temos que desenvolver, e agora o facemos todos xuntos", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes