Escoitar

O rexedor elevará á FEMP a necesidade de reorganizar os protocolos dos servizos de bombeiros

Abel Caballero comprometeuse a propoñer na Federación de Municipios e Provincias a necesidade de reorganizar os protocolos de extinción de incendios para que non dependan das competencias das administracións, senón da dotación e da proximidade dos distintos parques.

martes, 7 xuñ 2016
1465300330bomberos.jpg
O alcalde e presidente da FEMP avoga por reorganizar os protocolos dos servizos de extinción de incendios, tal e como lle solicitou a Coordinadora Unificada de Bombeiros España cos que hoxe mantivo unha reunión na Alcaldía. Ademais de felicitar ao Concello de Vigo pola súa labor no incendio de Fandicosta, os responsables nacionais deste corpo de seguridade enfatizaron a súa preocupación polas condicións nas que se traballa en toda España e, especialmente, en Galicia. O rexedor comprometeuse a levar á FEMP a necesidade de establecer cambios para que os protocolos se establezan en función das competencias das administracións, senón tendo en conta a dotación e a proximidade de cada parque. Con tal fin, Caballero apostou por asinar convenios coas distintas cidades o que permitirá ofrecer o mellor servizo aos cidadáns.
Descargar todas as imaxes