Escoitar

Caballero desexa o "mellor dos éxitos" á I Feira do Vehículo Comercial que se celebra o 10 e 11 de xuño en Vigo

A I Feira do Vehículo Comercial de Galicia, Vigotrans, desenvólvese na Avenida de Beiramar coa presenza da práctica totalidade dos fabricantes de furgonetas presentes no mercado español. O evento, dirixido a profesionais e particulares que poderán probar as furgonetas pola cidade, conta co apoio do Concello e da Autoridade Portuaria.

luns, 6 xuñ 2016
1465217342feira.jpg
Abel Caballero participou este luns na presentación da I Feira do Vehículo Comercial de Galicia, Vigotrans, que se celebra na Avenida de Beiramar o venres 10 e o sábado 11 de xuño contando coa presenza da práctica totalidade dos fabricantes de furgonetas presentes no mercado español. No acto estiveron presentes o presidente do Porto, Enrique López Veiga, e o organizador da feira, Javier Pedroche.

O rexedor destacou a importancia de que o Concello e a Autoridade Portuaria traballen en colaboración, citando como exemplo o apoio a esta mostra, e agradeceu á organización a elección de Vigo para amosar as novidades do sector do vehículo industrial en Galicia, sinalando que "non hai outro sitio mellor" que a cidade para facelo. Ademais, desexou "o mellor dos éxitos" á feira.

Vigotrans nace con vocación de converterse en referencia do automobilismo nacional e levará á Avenida de Beiramar, este próximo venres e sábado, as novidades das marcas de referencia dos vehículos comerciais, nun evento pensado para os profesionais e os particulares.
Descargar todas as imaxes