Escoitar

Caballero asegura que Vigo "impuxo" á Xunta contar con servizos de capital de provincia na Lei de Área Metropolitana

O alcalde de Vigo amosa as súa satisfacción polo cambio de opinión do Partido Popular quen agora emendará á Lei de Área Metropolitana para que Vigo teña trato de capital de provincia. Na súa opinión, foi a cidade a que fixo que a Xunta acepte o que negou moito tempo poque cando "Vigo defende os seus dereitos sempre gaña".

luns, 6 xuñ 2016
Abel Caballero asegurou esta mañá que "despois dunha ardua batalla" Vigo conseguiu que a Lei de Área Metropolitana lle recoñeza tratamento de capital de provincia respecto da dotación de servizos. Así o explicou en rolda de prensa logo de subliñar que o PP acepta agora -vía emenda na tramitación parlamentaria- o que negou durante moito tempo e felicitou á cidade por ser quen de "impoñer" os seus dereitos á Xunta de Galicia. Na súa exposición, o alcalde matizou que a Xunta e o PP tamén mudaron o prantexamento que mantiñan hai catro anos, cando se aprobou a Lei que nunca entrou en vigor e na que Vigo teña no goberno da Área o mesmo peso que outros concellos moito máis pequenos, isto demostra, dixo, que a medida que pasa o tempo, vanse validando todas as reivindicacións da cidade.

Con todo, Caballero criticou que a Xunta non acepte que a Área Metropolitana teña como ingresos unha participación dos tributos do Estado e da Xunta, dacordo coa lexislación vixente. O pratexamento do goberno local é que esa asignación económica non se detraia das achegas autonómiacas aos concellos, senón que os entes supramunicipais teñan un trato especial. A modo de exemplo, instou á Xunta a incentivar con recursos adicionais aos concellos que se agrupan en áreas metropolitanas, ao igual se priman na actualidade aos concellos que se fusionan. Desde a FEMP, engadiu, defenderá as que áreas metropolitanas teñan unha participación a meiores da que teñen os concellos e deputacións para que cando se amplíe o finanzamento local unha parte vaia para ás áreas.

Outra das emendas á lei que defende o goberno local e á que se opón o PP é permitir a adhesión de concellos non limítrofes. Tal e como explicou Caballero, é unha cuestión máis técnica que política que podería prexudicar a algúns concellos polo que non entende a negativa da Xunta de modificar esa condición.