Escoitar

O goberno local aforra un 30% de enerxía coa renovación do alumeado público

O segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Fomento David Regades mantivo un<br /> encontro con representantes da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería (AGEINCO) para a posta en común de diferentes proxectos.

martes, 12 abr 2016
1460466966ageincodavid.JPG
O Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Fomento, David Regades, mantivo un almorzo de traballo para dar conta de diferentes proxectos que o Concello de Vigo ten previsto, entre outras, en materia de mobilidade ou eficiencia enérxetica.

Regades quixo salientar que en materia de eficiencia enerxética o goberno local nestes últimos anos, acadou un aforro de case un 30% con, entre outras medidas, a substitución das antigas lámpadas do alumeado público por tecnoloxía led, moito máis eficaz, o que permitiu aínda con ese aforro no consumo, incrementar en máis de cinco mil os puntos de luz existentes na cidade.

Os representantes da Asociación na que se engloban distintas empresas de enxeñería e consultoría,
quixeron trasladar ao concelleiro distintas ideas e proxectos que consideran que poden
ser interesantes para a sÚa aplicación na cidade.

O Concelleiro quixo agradecer expresamente a colaboración de AGEINCO na
modernización e o desenvolvemento sostible da cidade, e emprazounos para manter
máis encontros deste tipo, xa que en palabras do propio Regades "esta e a nosa forma
de entender a cidade, onde todos os colectivos, entre eles os profesionais nos poidan
trasladar as súas ideas para entre todos seguir facendo de Vigo unha cidade máis
humana e eficiente".
Descargar todas as imaxes