Vigo impulsa a patinaxe artística cun trofeo internacional de grupos show este sábado nas Travesas
O Concello impulsa unha nova acción para deportes do programa municipal de escolas deportivas. O edil de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a primeira edición do Trofeo Concello de Vigo de grupos show, unha modalidade de gran aceptación e que enche sempre As Travesas.
O concelleiro manifestou que este evento "é un torneo que vén para quedarse", garantindo a súa continuidade en vindeiros anos. O responsable político do deporte vigués encargou a súa organización ao Patín Vagalume, que pechou a inscrición en 628 patinadores e patinadoras de toda Galicia, Madrid, Navarra e Andalucía, ademais de contar con representación lusa.
O campionato, previsto para este sábado ás 16:00 horas, ofrecerá máis de seis horas de patinaxe artística en cinco categorías de grupos show: grupos pequenos e grandes, xuvenís, promoción e cuartetos. Serán en total 67 agrupacións, con enorme resposta dos clubs de Vigo.
O concelleiro socialista lembrou que "desde o Concello había a inquedanza de facer un evento internacional e conseguiuse. A patinaxe é unha disciplina fermosa", sentenciou.
Á presentación acudiron directivas da Federación Galega de Patinaxe (Cintia Lafuente) e do Vagalume (Paula Filgueira e Beatriz Fernández).
Unha patinadora do Vagalume, Carla Hernández, foi a voceira do club para agradecer a axuda municipal para levar adiante este evento ("non sería posible sen a implicación e facilidades dadas", indicou), entregándolle ao concelleiro as primeiras entradas como acto simbólico.
Descargar todas as imaxes