Escoitar

Programa de actos polo día Internacional das Mulleres. Semana do 14 ao 20 de marzo

No marco do programa de actos que con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres, organiza o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade, esta semana desenvolveránse as seguintes actividades:

martes, 15 mar 2016
- Mércores, 16 de marzo, ás 20:00h
Proxección do documental "A luz do negro. O Volframio da Brea e o poboado do Fontao"
Audiovisual producido polo Consello da Cultura Galega e dirixido por Encarna Otero, no que se da forma documental ao rexistro de gravacións, para o Arquivo Sonoro de Galicia, das experiencias das mulleres que traballaron na minaría no ámbito de Fontao (Vila de Cruces) durante a posguerra.
Duración: 34 minutos
Lugar: Oficina Municipal do Distrito do Casco Vello. R/ Oliva,12. Vigo

- Xoves, 17 de marzo, ás 20:00h
Actuación musical a cargo do grupo "Treme"
Recentemente galardoadas co premio MusicaXove 15 á mellor banda galega, este dúo vigués formado por Su Garrido e Margarida Mariño únense neste proxecto, minimalista e íntimo con influencias que abarcan dende a bossa nova ou a música tradicional galega ata a experimental e a electrónica, cun repertorio de temas propios.
https://www.facebook.com/TREME-1625128101082218/?fref=ts
Lugar: Oficina Municipal do Distrito do Casco Vello. R/ Oliva,12. Vigo

- Domingo, 20 de marzo, ás 12:00h
Ciclo de cine infantil. Proxección do filme "Home: fogar, doce fogar"
Xénero: animación, comedia infantil. Para o público infantil de todas as idades
Ano: 2015; Duración: 94 minutos
Sinopse: Os Boov, unha raza alieníxena na procura dun lugar ao que chamar fogar, toman a Terra e relocalizan a todos os humanos/as. Tip, unha adolescente moi resolta e testana, logra non ser capturada e forma equipo con Oh, o alieníxena máis irritantemente optimista da galaxia. Tip e Oh terán que fuxir e acabarán salvando o planeta.
Lugar: Verbum-Casa das Palabras. Avda. Samil,17. Vigo


Estas tres actividades son abertas ao público ata completar o aforo dos locais.